Dimite Mourelle Cillero como secretario de Lugo pola operación Pulpo

Desempeñaba o posto desde o pasado 17 de febreiro, logo de deixar a Deputación, onde exerceu como secretario durante o mandato de José Ramón Gómez Besteiro
José Antonio Mourelle Cillero
photo_camera José Antonio Mourelle Cillero

José Antonio Mourelle Cillero presentou este luns pola mañá a súa dimisión á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, como secretario xeral do pleno no Concello da capital lucense, a consecuencia da súa citación na operación Pulpo, pola que está a ser investigado.

Fontes municipais indicaron que Mourelle Cillero presentou a súa renuncia por escrito ao posto que estaba a desempeñar desde o pasado 17 de febreiro, logo de deixar a Deputación Provincial de Lugo, onde exerceu como secretario da institución durante parte do mandato do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

No escrito, Mourelle Cillero agradeceu "a colaboración de todo o persoal" do Concello durante o tempo no que desempeñou as súas funcións como secretario xeral, un período no que, "como sempre", guiouse pola "defensa do interese público".

Pola súa banda, o goberno local de Lugo, recordou que a decisión de Mourelle Cillero é estritamente "persoal", polo que "a respectan" e agradecen o seu labor no Concello.

Comentarios