Dez empresas presentan ofertas para deseñar o espazo que ocupará a estación de autobuses

O prazo establecido para a redacción deste proxecto será de cinco meses
El espacio de ocio que ocupará el lugar de la estación de autobuses. EP
photo_camera O espazo de lecer que ocupará o lugar da estación de autobuses. EP

Un total de dez empresas presentaron as súas ofertas para a redacción do proxecto básico para o deseño do novo espazo público que albergará a parcela actual da estación de autobuses de Lugo

O contrato de asistencia técnica para a elaboración da proposta de demolición da terminal e a urbanización desta contorna ten como obxectivo alcanzar un espazo público de uso social, ambiental e comercial que incluirá un intercambiador de transporte. 

Así o avanzou o Goberno galego nun comunicado, no que sinala que o prazo establecido para a redacción deste proxecto será de cinco meses cun orzamento que ascende a case 48.000 euros. 

Este contrato permitirá, segundo engade a Xunta, definir o uso que se lle van a dar a estes terreos para a súa integración e evitar o impacto que poidan xerar unhas instalacións pechadas en pleno centro da cidade.