Catro detidos nunha operación contra o narcotráfico en Lugo

Os axentes incautaron máis de 400 gramos de cocaína e 1.000 euros en efectivo
Material incautado en la operación. EFE
photo_camera Material incautado na operación. EFE

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a catro homes, con idades comprendidas entre os 22 e os 37 anos de idade, todos eles con antecedentes por delitos contra a saúde pública, nunha operación contra o tráfico de drogas na cidade de Lugo. 

Estas detencións son froito dunha investigación que tiña en marcha a Policía Nacional para comprobar a suposta implicación dun antigo traficante na venda de drogas na cidade, dado que os axentes detectaran un aumento da trasfega de consumidores habituais de cocaína por ese barrio. 

Esas pescudas desembocaron na detención de catro sospeitosos, grazas ao dispositivo de vixilancia despregado no citado barrio, dado que cando os axentes interceptaron a dous supostos compradores, comprobaron que un deles levaba encima 25 doses de cocaína e o outro uns 50 gramos desa sustancia. 

Por iso, os axentes sospeitaron de que o que en realidade sucedía era que o "xefe" da trama dedicábase á distribución de cocaína entre os camelos da cidade, que se encargaban posteriormente da venda polo miúdo. 

De feito, os axentes seguiron a outro dos homes que acudira ao domicilio do sospeitoso e interceptárono cando ía camiño da súa casa en Monforte de Lemos, con strong <>cen gramos de cocaína. 

Ao recibir información do que estaba a suceder, o principal sospeitoso decidiu saír da súa casa nun taxi, que o recolleu diante do inmoble. 

Cando os policías pararon o vehículo, o suposto xefe arroxou polo portelo unha mochila, na que levaba case 300 gramos de cocaína, sustancias para cortar a droga e os útiles necesarios para manipulala. 

Esta operación permitiu desmantelar tres puntos de venda de drogas, dúas en Lugo e un en Monforte. 

Os axentes da Policía Nacional interviñeron máis de catrocentos gramos de cocaína, cun valor de mercado de 16.000 euros, ademais de 1.000 euros en efectivo, varios teléfonos móbiles e útiles para pesar e manipular a droga. 

Os detidos pasarán este mércores a disposición xudicial. 

Comentarios