Detidos grazas a chamada dun veciño tras asaltar unha vivenda en Lugo

O suceso ocorreu na zona de Casas Baratas 
Un furgón de la Policía Nacional. EFE
photo_camera Un coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Axentes da Policía Nacional, da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá , detiveron dous individuos que asaltaron unha casa na cidade de Lugo, grazas á chamada de alerta que fixo ao teléfono de urxencias 091 un veciño que os viu como saltaban o peche da vivenda e rompían unha das fiestras da mesma.

Os detidos son dous homes, un de 25 anos e veciño de Lugo e o outro de 40 anos e natural de Barcelona, ambos con innumerables “antecedentes por feitos delituosos”, segundo informou a Policía.

Un veciño da zona de Casas Baratas chamou ao 091 para informar de que dous individuos saltaran o enreixado de inmoble, duns dous metros de altura, e fracturaran unha fiestra do inmoble para acceder ao seu interior.

Cando chegaron ao lugar indicado, as patrullas da Policía Nacional atopáronse un home de sacando as fiestras da vivenda e trasladándoas ao exterior, onde outro home, o máis novo, estaba a cargalas nunha carretilla para levalas ata o coche que tiña estacionado nas inmediacións.

Inmediatamente, o que estaba dentro da casa foi detido, mentres que o outro logrou escapar, aínda que posteriormente presentouse el mesmo en dependencias policiais.