Detidos por furto en Lugo catro supostos membros dun grupo criminal

Cometerían de forma continuada os delitos nun establecemento de Rábade
Foto de archivo de un miembro de la Guardia Civil. EP
photo_camera Foto de archivo de un miembro de la Guardia Civil. EP

Axentes da Garda Civil detiveron en strong <>Lugo a catro veciños do municipio pola súa suposta pertenza a un grupo criminal organizado que perpetraba delitos contra o patrimonio.

Segundo a información facilitada pola Comandancia da Garda Civil de Lugo, trátase de catro persoas de 29, 25, 19 e 18 anos, que foron imputadas como investigadas polos delitos de furto pertenza a grupo criminal.

Supostamente, os catro detidos cometeron de forma continuada varios delitos de furto nun establecemento comercial situado no municipio de strong <>Rábade.

Para iso, distraeron aos empregados con diversas artimañas, ao carecer o local do correspondente arco de seguridade. levaron un botín valorado nuns 2.300 euros, aínda que noutra ocasión trataron de levar -pero non o conseguiron- diversos produtos por valor doutros 800 euros. As catro persoas detidas foron postas a disposición xudicial.