Tres detidos e 477 denunciados en Lugo por incumprir o estado de alarma

Os controis intensificaranse en Semana Santa
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Un Garda Civil intercepta a un condutor. EFE

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou de que os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado arrestaron a tres persoas na provincia de Lugo e tramitaron 477 denuncias por incumprir as medidas de confinamento e as restricións de tráfico incluídas no estado de alarma.

En todo caso, a pesar desas denuncias, a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou "a madurez e o comportamento exemplar que está a ter a maior parte da cidadanía de Lugo" ante as medidas de confinamento que inclúe o estado de alarma decretado para frear a propagación do coronavirus.

Así mesmo, fixo un chamamento a eses mesmos cidadáns para que "a Semana Santa non sexa unha escusa para saltarse ese estado de alarma", ademais de advertir de que estes días se están intensificando os controis para evitar viaxes que non teñan unha causa xustificada".

Tamén recordou que a "vulneración do Real Decreto de Estado de Alarma" supón para as infractores sancións que oscilan entre 601 e 30.000 euros. EFE
 

Comentarios