miércoles. 17.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 17.07.2019
El tiempo

Un detido por furto continuado en vivendas habitadas de Lugo entre febreiro e marzo 

Una instalación de Internet. ARCHIVO
Una instalación de Internet. ARCHIVO

O home aproveitaba que era instalador de internet para levar xoias e diñeiro das casas nas que traballaba

A Garda Civil detivo un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de furto continuado en vivendas habitadas na cidade entre os meses de febreiro e marzo. Segundo informou o instituto armado, o arrestado é un home de 41 anos.

O presunto autor dos furtos aproveitaba a súa condición de operario instalador de internet para levar xoias e diñeiro do interior das vivendas nas que realizaba os traballos. Despois vendía as alfaias en locais de compravenda de ouro, segundo apuntaron as mesmas fontes. 

Ao arrestado fóronlle intervidas diversas xoias, que foron recoñecidas polos seus lexítimos propietarios e postas á súa disposición. 

Un detido por furto continuado en vivendas habitadas de Lugo entre...