Detenido un veterinario que residía en Lugo y era reclamado por Estados Unidos por narcotráfico

Trátase dun venezolano de 33 anos que transportaba substancias prohibidas de Colombia a Estados Unidos en implantes colocados a cachorros de can. Foi arrestado en Santa Comba (A Coruña) tras escapar da capital lucense
Imagen cedida por la Guardia Civil que muesta al detenido en dependencias judiciales
photo_camera Imagen cedida por la Guardia Civil que muestra al detenido en dependencias judiciales

A Garda Civil detivo na localidade coruñesa de Santa Comba un veterinario venezolano reclamado por Estados Unidos por transportar droga mediante implantes colocados a cachorros de can.

O arrestado no transcurso da denominada 'Operación Puppies' é Andrés L.E., de 33 anos. Esta persoa, de profesión veterinario e membro dunha organización de tráfico de drogas, transportaba heroína líquida desde Colombia ata Estados Unidos mediante implantes que colocaba a cachorros de can que, posteriormente, enviaba como mascotas a este país.

Nun rexistro efectuado en 2005 pola Policía colombiana nunha clínica rexentada polo agora detido en Medellín acháronse tres cachorros que portaban no interior do seu organismo tres quilos de heroína. Por estes feitos, Andrés L.E. foi detido en decembro de 2013 en España, aínda que, posteriormente foi posto en liberdade ata a resolución do proceso de extradición.

RESIDENCIA EN LUGO. Cando a Audiencia Nacional autorizou a extradición a Estados Unidos, esta persoa, que fixara a súa residencia en Lugo, abandonou a mesma, polo que a Garda Civil iniciou unha operación para dar co seu novo paradoiro. Tras establecer un dispositivo de procura, os axentes detivérono cando saía dun piso no que se ocultou na localidade coruñesa de Santa Comba.

Para evitar ser localizado polas Forzas e Corpos de Seguridade durante o tempo que permaneceu oculto neste domicilio, o individuo non mantivo ningún tipo de comunicación nin coa súa muller nin cos seus fillos. A operación foi levada a cabo por axentes pertencentes ao Equipo de Fuxidos da Xustiza da Unidade Central Operativa (Uco) da Garda Civil e a Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) do mesmo corpo a Comandancia de Lugo.

Comentarios