Detido un traficante en Lugo que levaba a droga oculta nos repousacabezas do coche

O detido é un home de 38 anos con antecedentes
Un coche de la Policía Nacional. AEP
photo_camera Un coche da Policía Nacional. AEP

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron a un suposto traficante de drogas na cidade de Lugo, que levaba ocultas doses de cocaína preparadas para a súa venda nos repousacabezas dos asentos do seu coche. 

O detido é un home de 38 anos de idade, con antecedentes policiais, que foi imputado como investigado por un suposto delito contra a saúde pública. 

Os feitos sucederon este martes cando policías encargados da investigación de delitos relacionados coa saúde pública realizaban labores de vixilancia para previr o tráfico de drogas na cidade. 

Os axentes observaron que o sospeitoso manipulaba algo no interior do seu vehículo e logo ocultábao debaixo do asento dianteiro do coche.

Posteriormente recolleu a unha muller, consumidora habitual de sustancias estupefacientes, e emprenderon a marcha. 

Os policías seguírono e interceptárono cando saía da cidade. 

Interviñéronlle 8 dose de cocaína, oculta nos repousacabezas dos asentos dianteiros e noutras partes do coche, así como máis de 3.000 euros en efectivo. 

Foi trasladado á Comisaría Provincial, onde se lle tomou declaración. Posteriormente, quedou en liberdade á espera de xuízo.

Comentarios