Detido tras ser acusado de malos tratos pola súa muller e de obrigala a prostituírse en Lugo

A Policía Local acudiu ao domicilio da parella por unha discusión entre a moza e a súa sogra, pero a moza relatou as agresións que supostamente sufría
Una patrulla de la Policía Local realizando labores de vigilancia por la capital. AEP
photo_camera Una patrulla de la Policía Local realizando labores de vigilancia por la capital. AEP

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home tras ser acusado da malos tratos a súa muller e de obrigala a exercer a prostitución. A Sala do 092 recibiu unha chamada sobre as catro da tarde do pasado sábado, na que unha muller manifestaba que tivera problemas con strong<> a súa nora, coa cal convive. Tras recibir o aviso, unha patrulla de Policía de Barrio trasladouse rapidamente ao lugar e falou coa persoa que solicitara a súa intervención, quen manifestou que quería que a súa nora se marchase de casa, "xa que se dedica < strong> prostitución e sempre está drogada", dixo.

Os axentes falaron por separado coa nora e a moza recoñeceu que exercía a prostitución, pero non presentaba signos de atoparse drogada nin embriagada. A moza dixo que fora introducida nesa profesión polo seu marido e que este e a súa sogra faltábanlle ao respecto continuamente e insultábana. Ademais, contou que o seu esposo a agrediu facía unha semana, tirándoa ao chan e propinándolle varias patadas, polo que tiña varios hematomas que os axentes puideron observar. A moza contou tamén que non era a primeira vez que o seu marido a golpeaba. De feito, segundo explicou, o verán pasado agrediuna, polo que conservaba unha cicatriz nunha cella.

Inicialmente, a moza aceptou ser trasladada a un centro sanitario, pero cando chegou o vehículo camuflado que se ía a encargar de realizar o traslado, cambiou de opinión e non quixo recibir asistencia sanitaria. Aínda así, foi levada ás dependencias policiais, onde os axentes abriron dilixencias por un presunto delito de strong<> violencia de xénero. O home foi detido e conducido a un centro sanitario da capital para someter a un exame médico. Posteriormente, os axentes trasladárono a comisaría, á espera de ser posto a strong <>disposición xudicial.