Detido en Lugo por roubar varios móbiles e agredir a unha vítima que lle pediu que llo devolvese

O home xa ten varios antecedentes por outras subtraccións. Nunha delas utilizou a técnica do "mataleón" para arrebatarlle a carteira a unha persoa
Los tres detenidos fueron trasladados a la comisaría de la Policía Nacional de Lugo. AEP
photo_camera O detido foi trasladado á comisaría da Policía Nacional de Lugo. AEP

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un ladrón con múltiples antecedentes por subtraerlle o móbil a un mozo e agredilo cando o afectado lle pediu que llo devolvese.

Segundo explicou o denunciante en comisaría, un descoñecido arrebatoulle o teléfono móbil cando camiñaba pola vía pública e pouco despois cruzouse novamente con el, polo que lle reclamou o seu terminal. Nese momento, o presunto ladrón ameazou a vítima e tratou de golpeala con diferentes obxectos, polo que tivo que fuxir do lugar e acudiu a un centro médico, onde foi atendido das feridas que presentaba.

O afectado denunciou os feitos e os axentes da Policía Nacional identificaron o presunto agresor. O home, que foi detido como presunto autor de ameazas e lesións leves, xa teñen ás súas costas outro roubo con violencia e intimidación no que utilizara a técnica do "mataleón" para arrebatarlle a carteira á vítima. Impútanselle igualmente os furtos de cinco terminais de telefonía móbil e varias carteiras, así como un delito de estafa por facer uso das tarxetas de crédito subtraídas en diferentes establecementos.