martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Detido por roubar en máquinas expendedoras en Lugo e resistirse ao arresto con violencia

Máquinas expendedoras de Camiño Real. SEBAS SENANDE
Camiño Real. AEP
Causou ademais desfeitas en varios portais de Camiño Real

Axentes da Policía Nacional adscritos á Brigada Provincial de Seguridade Cidadá detiveron un home de 35 anos por un delito de roubo con forza en máquinas expendedoras e atentado a axente da autoridade por resistirse ao arresto e ao traslado a comisaría. Segundo informou a Policía Nacional, os feitos ocorreron no Día de Reis sobre as 17.00 horas, cando un cidadán propietario dunhas expendedoras situadas na rúa Camiño Real púxose en contacto a través da sala do 091 para comunicar que observara na cámaras de gravación que vixían a zona, como un home de complexión normal e uns 40 anos golpeara os cristais de protección das maquinas.

Unha vez presentadas as dotacións de radiopatrullas no lugar, o autor xa non estaba, pero, coa "clara descrición" achegada e as imaxes mostradas polo propietario do establecemento, froito das gravacións realizadas durante o intento de roubo, explicou a Policía, púxose en marcha un dispositivo para a localización do autor. Ao mesmo tempo, avisaron dos feitos á Brigada de Policía Científica para realizar o informe pericial do lugar xa que, entre outras probas, na zona había moitos cristais manchados de sangue", concretaron as mesmas fontes. 

O detido arremeteu "de forma contundente e moi agresiva contra os axentes

Minutos despois recibiuse outra chamada na sala operativa do 091, nesta ocasión dun familiar do comerciante anteriormente prexudicado que manifestou que o autor dos danos e roubo anterior atopábase "golpeando e causando desfeitas nos portais da mesma rúa", sinalou a Policía. Como había dotacións no lugar, o individuo foi interceptado "de inmediato", destaca a Policía. 

Os policías procederon á súa identificación e detención tras ser recoñecido "sen ningún xero de dúbidas como autor de roubo con forza nas máquinas expendedoras", subliñaron as mesmas fontes.

"MOI AGRESIVO". No momento que é introducido no vehículo policial, o detido arremeteu "de forma contundente e moi agresiva", asegura a Policía, contra os funcionarios de policía que procedían á súa detención. Deste xeito, tivo que ser reducido para poder trasladalo a dependencias policiais. Durante este traslado continuó "coa actitude agresiva golpeando e causando danos no interior do vehículo policial", asegurou a Policía. 

De todo iso foi informada a autoridade xudicial mediante o correspondente ateigado e a cuxa disposición foi posto o detido en relación a estes feitos. 

Detido por roubar en máquinas expendedoras en Lugo e resistirse ao...
comentarios