Detido un mozo con antecedentes tras roubar unha bicicleta a un menor en Lugo

O acusado tamén agrediu á vítima

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio, detiveron a un home de 26 anos, veciño da cidade con antecedentes polos mesmos feitos, por roubar a bicicleta a un menor tras unha agresión. 

Segundo informou a Policía Nacional, foi denunciado o roubo dunha bicicleta a un menor na zona centro da cidade logo de agredir, cun empuxón, ao mozo que a tenia. 

A persoa propietaria da mesma localízaa nun portal de venda por Internet e ponse en contacto co vendedor. Éste resulta ser o mesmo que realizou o roubo e solicitou que, para a devolución, a propietaria debía entregarlle 50 euros e non dicir ou comunicar nada á policía. 

Ante estes feitos púxose en marcha un operativo no que a dona da bicicleta quedou co vendedor para a entrega da mesma, momento no que axentes que estaban pendentes da situación observaron como, en primeiro lugar, "achégase un familiar do agora detido e establece contacto". 

A Policía Nacional, sinalou que unha vez se recupera a bicicleta, a dona recibiu ameazas por parte dos familiares do ladrón. Uns minutos despois apareceu o ladrón da mesma, momento no que os axentes presentes procederon á súa detención. 

De todo iso foi informada a autoridade xudicial, a cuxa disposición estaba previsto que o detido pase ao longo deste martes.