Detido un narco en Lugo que utilizaba 4 coches e 3 vivendas para despistar

"O que tiña de especial", precisa a Policía Nacional, é "a gran cantidade" de vehículos que utilizaba para moverse: intercambiábaos varias veces ao día para evitar ser seguido.
Dos agentes de la Policía Nacional, patrullando durante el estado de alarma. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Dous axentes da Policía Nacional. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) de Lugo detiveron a un home de 60 anos no marco da operación Cicciolina contra o tráfico de drogas, un operativo policial que estaba aberto desde o ano 2017 a consecuencia das "grandes precaucións" que tomaba o sospeitoso para mover as sustancias estupefacientes.

Segundo informou a Comisaría Provincial, as "investigacións comezaron fai máis de dous anos" pero tiveron que ser "interrompidas en varias ocasións", dado que o sospeitoso, que ten antecedentes penais, "suspendía a súa actividade" cando se daba conta de que estaba a ser vixiado pola Policía.

No momento da súa detención fóronlle intervidos 300 gramos de cocaína, 450 euros e varios blister con pastillas de Tranquimazín, ademais duns gramos de marihuana

"O que tiña de especial", precisa a Policía Nacional, é "a gran cantidade" de vehículos que utilizaba para moverse, xa que tiña á súa disposición polo menos catro turismos que intercambiaba varias veces ao día para evitar ser seguido.

Ademais, facía o mesmo coas vivendas, dado que chegou a utilizar ata tres inmobles.

Por outra banda, antes de facer calquera entrega, adoitaba realizar un traxecto "sen rumbo nin sentido", con diferentes paradas, para comprobar en todo momento se era vixiado ou estaba a ser seguido pola policía.

No momento da súa detención fóronlle intervidos 300 gramos de cocaína, 450 euros e varios blister con pastillas de Tranquimazín, ademais duns gramos de marihuana.

O detido foi posto a disposición xudicial.