A Policía Nacional detén un menor que roubaba botellas de alcol e escondíaas no Parque

O dono do bar de Racatelo asaltado viu polas cámaras de seguridade que había alguén de madrugada no interior do seu local e chamou á Policía

A Policía Nacional detivo a un mozo, menor de idade, que foi sorprendido ‘in fraganti' cando roubaba botellas de alcol nun establecemento de hostalería de Recatelo, nas inmediacións do Parque Rosalía de Castro. Os feitos sucederon na madrugada deste mércores, cando o dono do bar viu polas cámaras de seguridade que había unha persoa no interior do seu bar.

Os axentes acudiron ao lugar e sorprenderon ao menor, que levaba ás súas costas unha mochila con once botellas de alcol. 

O propietario do establecemento deuse conta de que lle faltaba máis mercancía e os axentes realizaron unha inspección polo parque, onde atoparon un total de 18 botellas escondidas na fonte. O menor, que foi entregado aos seus proxenitores, levaba encima un desaparafusador, co que supostamente forzou a porta do bar.