Detido en Madrid tras accidentarse cun coche roubado en Lugo

O condutor apropiouse do vehículo fai 24 horas, en Santiago de Compostela

Un home de nacionalidade brasileira foi detido pola Garda Civil este xoves pola mañá en Collado Villalba (Madrid) tras unha fuxida cun coche roubado, co que sufriu un accidente este mércores pola tarde na Rúa Conde de Lugo.

O condutor apropiouse do vehículo fai 24 horas, en Santiago de Compostela, e conduciu ata Lugo, onde tras verse involucrado nun choque, fuxiu e puxo en alerta ás forzas de seguridade.

Finalmente, este xoves foi detido en Madrid. Conta con múltiples antecedentes.