Detido en Lugo por resistirse e agredir a axentes da Policía Local á porta dun pub

O home, que presentaba feridas por mor dunha pelexa, foi reducido e trasladado a un centro médico, onde agrediu de novo aos axentes

f08e83de-d4ce-4f56-b6fc-6501cb2d64ba
photo_camera Estado no que quedou o uniforme do axente agredido. EP

Un cidadán de orixe colombiana, de 36 anos, foi detido na madrugada deste xoves á porta dun pub da Ronda da Muralla de Lugo por resistirse e agredir aos axentes da Policía Local.

Unha patrulla policial acudira ao local tras recibir unha chamada alertando de que se estaba rexistrando unha pelexa con varias persoas involucradas. Os axentes comprobaron que os implicados na refrega marcharon, pero o detido estaba a golpear a persiana de peche do establecemento e presentaba feridas.

Ao intentar auxilialo, o home respondeu aos policías con insultos chegando a agarrar por sorpresa a un axente polo uniforme lanzándoo contra a parede e agredíndoo con empuxóns e lapotes. Tras ser reducido, foi trasladado a un centro médico, onde agrediu de novo aos axentes, polo que foi levado aos calabozos á espera de ser posto a disposición xudicial

Comentarios