martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

Detido en Lugo tras unha persecución polo feiral de San Froilán

A persecución produciuse no recinto feiral do San Froilán. XESÚS Ponche
A persecución produciuse no recinto feiral do San Froilán. XESÚS Ponche
Sobre o home pesaba unha orde de búsqueda dun Xulgado de León

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron en Lugo un home de mediana idade sobre o que pesaba unha orde de búsqueda ditada por un Xulgado de León, logo dunha espectacular persecución polo recinto feiral das patronais de San Froilán, dado que o sospeitoso intentou escapar entre as atraccións.

Os feitos sucederon o pasado sábado, 5 de outubro -día de San Froilán-, cando unha patrulla que realizaba labores de seguridade cidadá dentro do dispositivo despregado con motivo das patronais lucenses decatouse da presenza dun home de mediana idade sobre o que pesaba unha orde de procura dun Xulgado de León.

Cando lle deron o alto e procederon á súa identificación, o home ía acompañado dun menor -o seu fillo-, motivo polo cal lles pediu aos axentes que lle permitisen levar ao neno ata o lugar onde estaba a súa nai.

Os axentes accederon sen pór "problema" a esta petición, pero cando chegaron ata o lugar onde se atopaba a nai, xuntouse "un gran número de familiares e amigos do detido, que formaron un gran balbordo" e empezaron a empuxar aos policías, ata o punto de que un deles chegou a caer o chan.

Nese momento, o detido empezou a correr entre as atraccións da feira, pero os axentes, que non chegaron a perdelo de vista, comezaron a perseguilo e, con axuda dun compañeiro que estaba libre de servizo, conseguiron interceptalo e trasladalo a dependencias policiais.

Realizadas as correspondentes dilixencias, foi posto a disposición xudicial.

Detido en Lugo tras unha persecución polo feiral de San Froilán