Detido por coaccionar en Lugo a un mozo que declarou contra el nun xuízo

O arrestado, de 21 anos, conta con múltiples antecedentes
Los hechos tuvieron lugar en la calle Salvador de Madariaga. XESÚS PONTE (AEP)
photo_camera Os feitos tiveron lugar na rúa Salvador de Madariaga. XESÚS PONTE (AEP)

A Policía Nacional detivo a un mozo de 21 anos en Lugo por coaccionar a outro que declarara contra el nun xuízo por roubo.

Segundo informou a Comisaría Provincial, o detido, que "é un mozo problemático" con varias detencións anteriores, foi arrestado nesta ocasión polos supostos delitos de coaccións e obstrución á Xustiza.

Os feitos ocorreron o 19 de outubro, cando a vítima camiñaba pola rúa Salvador de Madariaga e foi "interceptado" polo detido e por dous dos seus amigos.

Estes recrimináronlle que declarase como testemuña nun xuízo oral celebrado contra eles polo roubo dun teléfono móbil.

De feito, esixíronlle que lles pagase o diñeiro que deixaran de percibir polo móbil que roubaran.

O detido, que conta con múltiples antecedentes, quedou a disposición xudicial.