Detido un lucense con máis de 220 doses de marihuana na súa vivenda

O mozo, con antecedentes polos mesmos feitos, foi arrestado tras un aluvión de queixas veciñais
Los detenidos fueron trasladados a la comisaría de la Policía Nacional en Lugo. SEBAS SENANDE/AEP
photo_camera Comisaría da Policía Nacional en Lugo. SEBAS SENANDE (AEP)

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un veciño da cidade, de 25 anos, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. A investigación iniciouse polas queixas dos residentes na zona alta da Avenida da Coruña, que denunciaron o "deambular de persoas na zona que non pertencen ao barrio e cuxas estancias son esporádicas e rápidas". Os axentes puxeron en marcha unha investigación e comprobaron que os veciños estaban no certo, xa que detectaron un punto de venda de drogas.

Os investigadores comprobaron que un mozo se estaba dedicando á venda de estupefacientes polo miúdo, concretamente marihuana. O presunto traficante xa fora detido no ano 2014 e investigado noutras dúas operacións en 2018 e 2019.

Os axentes detiveron ao mozo e requisáronlle varias doses de marihuana, así como 250 euros en moeda fraccionada, "proveniente da venda das papelinas". Ante este achado, a Policía solicitou a entrada e rexistro no domicilio do detido e localizou 14 doses de cocaína e 227 de marihuana, así como 200 euros en metálico. O detido prestou declaración nas dependencias policiais da Rúa Chantada e quedou en liberdade, á espera de xuízo.

Comentarios