Detido un lucense en Avilés por roubar a mulleres coas que iniciaba unha relación

Días antes fora arrestado en Oviedo e Luarca por feitos similares 

Joya

A Policía Nacional de Avilés detivo un home, natural da provincia de Lugo, como presunto autor de furtos a mulleres coas que iniciaba relacións de parella.

O detido comezou unha relación sentimental cunha das vítimas alugando unha vivenda en Avilés, onde comezaron a vivir xuntos. Pasado un tempo, tras deteriorarse a relación e acabar a mesma, a muller botou en falta unha serie de efectos dos que se apropiou a súa parella. 

Tras realizar varias comprobacións por parte de axentes pertencentes á Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Mieres, en colaboración cos de Avilés, puidéronse determinar que as xoias furtadas foran vendidas polo investigado nun establecemento de compra-venda de Mieres. 

Unha vez localizado, procedeuse á súa detención en Avilés, onde prestou declaración en presenza da súa avogada, quedando en liberdade tras os trámites policiais e a disposición da autoridade xudicial. 

MÁS DETENCIÓNS POR FEITOS SIMILARES. Trátase da segunda detención en poucos días na que se ve envolvido este home, que días antes fora detido por feitos coincidentes na cidade de Xixón.

Tamén lle consta outra detención recente na localidade asturiana de Luarca, por parte de axentes de Policía Xudicial da Comisaría do Corpo Nacional de Policía do concello de Valdés.

"O detido aproveita a atracción que provoca nas mulleres para conquistalas e logo de gañarse a súa confianza irse a vivir xuntos, momento no que provoca o fin da relación, non sen antes facerse cos efectos de valor que poida ter a súa parella. No seu punto de mira ten a mulleres solteiras, de idade madura e con recursos económicos, actuando en todo o territorio do Principado, de oriente a occidente, pasando polas concas mineiras", sinala o escrito policial.

Comentarios