Detido un lucense por golpear a outro e partirlle un dente

A agresión tivo lugar na Rúa Xulia Minguillón, nas inmediacións dunha casa que está okupada
Rúa Xulia Minguillón. GSV
photo_camera Unha ambulancia do 061. AEP

Un lucense foi detido este xoves en Lugo por axentes da Policía Nacional porque presuntamente agrediu a outro, que, entre outras lesións, presentaba a fractura dun dente. A vítima foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro sanitario.

A agresión tivo lugar na Rúa Xulia Minguillón da capital lucense pouco logo das sete e media da tarde, nas inmediacións dunha casa que está okupada na esquina desta rúa con Yáñez Rebolo.

Agresor e vítima, que son vellos coñecidos das forzas da orde, encerelláronse en plena vía pública nunha pelexa, da que non transcendeu o motivo. O que foi detido por axentes da Policía Nacional , segundo aseguraron testemuñas presenciais, pode ser un dos okupas desa vivenda, pois varios dos seus moradores increparon á vítima.