Detido un home en Lugo con 60 quilos de haxix ocultos no maleteiro

O arrestado ingresou en prisión por un delito contra a saúde pública

El hachís intervenido en Lugo. EP
photo_camera O haxix intervido en Lugo. EP

Un condutor foi arrestado en Lugo cando levaba ocultos no maleteiro do seu vehículo dous paquetes que contiñan 60 quilos de haxix. O detido ingresou en prisión por un delito contra a saúde pública, tras declarar no xulgado de instrución número 3 de Lugo.

O home, de 41 anos, foi interceptado nun control móbil rutineiro establecido pola Policía Nacional na capital lucense con.motivo da vixilancia do consumo de drogas durante as festas do Nadal. O detido, que xa conta con antecedentes penais por tráfico de drogas, ao decatarse da presenza policial realizou manobras estrañas co seu vehículo, polo que tivo que ser interceptado na zona sur da cidade por axentes do grupo de drogas da brigada provincial de Policía Xudicial.

Comentarios