Detido un home e investigados outros cinco por unha pelexa na rúa Clérigos

Un grupo agrediu a dous mozos nunha disputa que comezou nun local de lecer da zona da Catedral
Rúa Clérigos de Lugo. AEP
photo_camera Rúa Clérigos de Lugo. AEP

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home e investigan a outros cinco pola súa implicación nunha liorta ocorrida o pasado 10 de novembro nun local de lecer da zona da Catedral, que continuou despois na rúa Clérigos. 

Segundo informaron a través dunha nota de prensa, os axentes foron requiridos para unha primeira intervención esa noite nun local de lecer da cidade, ante o que parecía ser unha "rifa tumultuaria" entre dous grupos de mozos. Finalmente, a pelexa converteuse nunha liorta no que un grupo agrediu a dous mozos

Os mozos sufriron politraumatismos e un deles a rotura dos ósos do nariz

Postas as correspondentes denuncias en dependencias policiais por parte dos agredidos, a Policía iniciou unha investigación sobre o sucedido. En total, tomouse declaración a 12 mozas, todos eles maiores de idade, e explorouse un menor. 

Cos datos solicitados, os axentes determinaron que a noite do 10 de novembro, un grupo de mozos atopábase nun pub da cidade cando un dos integrantes, que posteriormente resultou lesionado, achegouse a un home doutra cuadrilla que lle propinou un lapote na caluga, "facendo espaventos cos brazos e falando en ton ameazante". 

Á vista dos feitos, os integrantes deste grupo márchanse do local e diríxense á zona de Clerigos, onde novamente se atopan os dous grupos e comeza a liorta. Entre as lesións, os mozos sufriron politraumatismos e un deles a rotura dos ósos do nariz. 

Comentarios