domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Detido un lucense por unha estafa tecnolóxica a un veciño de Sarria

App de finanzas nun móbil. EP
App de finanzas nun móbil. EP

É sospeito de realizar cargos indebidos na conta da súa vítima por importe de 4.700 euros

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de Lugo na localidade de Sarria como suposto autor dun delito de estafa tecnolóxica, dado que é sospeito de realizar cargos indebidos na conta da súa vítima por importe de 4.700 euros.

Segundo informou a Garda Civil, a investigación púxose en marcha o pasado mes de marzo, cando a vítima se presentou nas dependencias oficiais da Benemérita na localidade de Sarria para denunciar que se realizaron cargos na súa conta bancaria particular, sen o seu consentimento, por un importe superior aos 4.700 euros.

As pescudas realizadas polos axentes encargados do caso permitiron identificar e deter ao suposto autor desa estafa.

O detido xa foi posto a disposición xudicial.

Detido un lucense por unha estafa tecnolóxica a un veciño de Sarria
Comentarios