Detido en Lugo por violencia machista tras o aviso dos veciños

Trátase dun home de 31 anos
La Rúa Aceroleiro, donde tuvo lugar el hurto. AEP
photo_camera A Rúa Aceroleiro. GOOGLE MAPS

Un home de 31 anos foi detido por axentes da Policía Local de Lugo como suposto autor dun delito de violencia machista, despois de que os seus veciños denunciasen unha "forte discusión" coa súa parella, no transcurso da cal escoitaron "fortes golpes" e gritar á muller.

Os feitos sucederon o pasado 21 de abril, sobre as 23.00 horas, nunha vivenda da Rúa Aceroleiro, na cidade de Lugo, cando unha veciña da parella escoitou a discusión, os golpes e os berros da muller, que dicía "sóltame a coleta" ou "non pegues na cabeza", polo que chamou ao teléfono 092 da Policía Local.

Inmediatamente, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía de Barrio presentáronse no domicilio e foron recibidos por unha muller que estaba "a chorar, nerviosa e coa cara colorada", aínda que lles dixo aos axentes que "non pasaba nada".

Os policías preguntáronlle se estaba soa e, aínda que inicialmente dixo que si, ao pedirlle permiso para comprobalo, recoñeceu que estaba acompañada pola súa parella.

Ao haber suficientes indicios dun suposto "delito de violencia de xénero", o home foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o xulgado de garda.