Un exmilitar, de 47 anos, foi detido en Lugo cunhas 400 plantas de marihuana. A investigación enmárcase na operación Lumes contra incendios forestais. Unha dotación que patrullaba polo arrabalde da capital lucense descubriu un invernadoiro.
Os axentes interviñeron unhas 400 plantas, dous quilos de cogollos listos para a súa venda, unha balanza de precisión, 1,6 quilos de mercancía preparada para fabricar haxix e unha arma de fogo, detonadora de oito milímetros.
Na propiedade acháronse dúas estacións de cultivo de plantas e unha habitación utilizada como secadora. A Policía Nacional estima que o cultivo podía dar para máis de tres colleitas anuais.