Detido un veciño de Lugo por apropiarse de 16.000 euros mediante falsos depósitos

A persoa detida actuaba como comercial e ofrecíalle aos potenciais clientes "produtos financeiros vinculados á entidade aseguradora"

A Garda Civil, no marco da operación Cordia, detivo a un veciño de Lugo, con iniciais J.M.C.D e de 43 anos de idade, como suposto autor dos delitos estafa, apropiación indebida e falsidade documental, por facer "valer a súa condición de comercial dunha compañía aseguradora" para ofrecer "produtos financeiros ficticios", cos que estafaría uns 16.000 euros entre os anos 2016 e 2017.

Segundo informou o propio instituto armado, tamén foi imputada en calidade de investigada a xerente dunha asesoría de Lugo e xerente dunha compañía aseguradora pola súa suposta participación na comisión dun delito de estafa.

A persoa detida actuaba como comercial e ofrecíalle aos potenciais clientes "produtos financeiros vinculados á entidade aseguradora", entre eles "depósitos a prazo fixo cun interese preferente".

Eses produtos eran publicitados mediante unhas circulares da propia entidade aseguradora, modificadas previamente polo detido.

Con este modus operandi, logrou estafar entre 2016 e 2017 uns 16.000 euros, calcula a Garda Civil, mediante o contrato de depósitos a prazo fixo ficticios.

Cando se acerba a data do seu vencemento, o "detido puña escusas inverosímiis para non facer entrega do diñeiro e os intereses".

Ambos os investigados foron postos a disposición xudicial.