Detidas dúas mulleres por estafar a persoas vulnerables en Lugo

Empregaban os seus datos para comprar móbiles

A Policía Nacional de Lugo estima que o montante das operacións alcanza os 30.000 euros e a estafa podería haberse estendido a outras comunidades, como Cantabria ou Valencia

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a dúas mulleres, de 38 e 48 anos de idade, por estafar supostamente a persoas vulnerables. Segundo explicou o portavoz policial, os feitos levaron a cabo nos últimos meses, cun 'modus operandi' moi particular, "xa que unha muller, neste caso a maior das detidas, buscaba persoas consideradas socialmente vulnerables, xa sexa por estar en precariedade económica, ou ben por padecer algún tipo de trastorno cognitivo, e mediante subterfugios convénceas para que a acompañen a un determinado comercio". Normalmente, eran establecementos de telefonía móbil, pero tamén se detectou esta actividade en locais de electrodomésticos e incluso en mueblerías.

As vítimas acompañaban a esta muller a unha tenda de telefonía móbil dun centro comercial da cidade, onde, a cambio dunha cantidade de diñeiro, que neste caso eran cincuenta euros por teléfono móbil comprado, tiñan que presentar o Documento Nacional de Identidade e asinar un contrato de compravenda dun ou varios terminais móbiles.

"Aquí é onde entraba en conivencia a persoa que os vendía, neste caso a outra detida, xa que nou pon ningún inconveniente na operación, e como non se require un certificado bancario da conta onde domiciliar o financiamento, realízase a operación", explica a Policía.

Posteriormente, a persoa que leva os móbiles de alta gama, véndeos cuns beneficios moi altos, mentres que a persoa que asina o financiamento atópase con que a compañía reclámaselle a débeda contraída no contrato.

A Policía Nacional estima que o montante das operacións podería alcanzar os 30.000 euros e que as estafas puidéronse estender a outras comunidades, como Cantabria ou Valencia. Os axentes tomaron declaración ás detidas na comisaría da Rúa Chantada e puxeron os feitos en coñecemento do xulgado.