Detida unha parella en Lugo por venda de drogas en Ponferrada

O home foi arrestado nunha área de servizo lucense cando, presuntamente, viña de facerse con material na Coruña. No interior do vehículo atopáronse 50 gramos de cocaína e 500 euros

Axentes do corpo Nacional de Policía de Ponferrada, en León, detiveron dúas persoas acusadas dun delito de tráfico de drogas, segundo informa a Subdelegación do Goberno en León. Trátase dun home e unha muller de 44 e 42 anos, respectivamente.

Os axentes detiveron ao home nunha área de servizo da provincia de Lugo, cando presuntamente viña de adquirir cocaína na Coruña, onde realizaba varias viaxes nos que tomaba numerosas medidas de seguridade. No interior do vehículo atopáronse 50 gramos de cocaína e 500 euros.

Mentres, a muller foi detida no portal do domicilio que comparten, froito das investigacións realizadas na capital do Bierzo, tras detectar varias compras de droga polo miúdo entre consumidores.

Na vivenda interviñéronse 55 gramos de heroína, numerosas doses desa sustancia e de cocaína listas para a súa venda, haxix, básculas de precisión, sustancias de corte e 11.000 euros en efectivo. Ambos foron postos a disposición xudicial.


Comentarios