jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Detida unha lucense por cobrar o diñeiro dunha estafa perpetrada en Madrid

Non descartan que sexa só un home de palla para retirar do diñeiro

Axentes do Corpo Nacional de Polícía detiveron a unha veciña da cidade de Lugo por realizar o cobro dunha suposta estafa perpetrada en Madrid a través dunha conta bancaria aberta na capital lucense.

Segundo informou a propia Comisaría Provincial, os feitos remóntanse ao pasado 25 de outubro, cando a afectada presentou denuncia en dependencias oficiais da Policía Nacional no distrito da A Latina, en Madrid.

A muller ingresara 1.500 euros nunha conta bancaria en concepto de "reserva" para alugar un piso na capital, pero cando quixo porse de novo en contacto cos propietarios para facerse cargo do inmoble, atopouse con que a vivenda non existía.

As investigacións permitiron comprobar que o ingreso o realizou nunha conta aberta nunha sucursal bancaria de Lugo, de onde a detida retirou o diñeiro de forma "inmediata".

As pescudas continúan, dado que os investigadores da Policía Nacional non descartan que a detida sexa "simplemente un home de palla, utilizada para o cobro"  polos verdadeiros autores da estafa, pero "sen participación directa nos feitos". 

Detida unha lucense por cobrar o diñeiro dunha estafa perpetrada en...