Detido un lucense por unha orde da Audiencia da Coruña

Foi trasladado a Teixeiro

Axentes da Garda Civil detiveron en Lugo a un veciño por unha orde da Audiencia Provincial da Coruña para o seu ingreso en prisión. Segundo informou o Instituto Armado, o individuo foi detido en Lugo en virtude dunha orde xudicial da Audiencia Provincial da Coruña.

O home foi trasladado ao centro penal coruñés de Teixeiro, onde quedou ingresado co fin de cumprir a condena imposta.

Comentarios