Detido por roubarlle a carteira a unha anciá para comprar tabaco

O home, con varios antecedentes, usou a tarxeta de crédito da vítima para pagar catro veces nun estanco
Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS
photo_camera Un coche de la Policía Nacional. EUROPA PRESS

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un ladrón habitual que asaltou a unha anciá ás portas do seu domicilio e rouboulle a carteira, que contiña unha tarxeta de crédito coa que comprou catro paquetes de tabaco.

Os feitos sucederon o 19 de novembro, cando o home abordou a unha muller de avanzada idade que entraba no portal do seu domicilio. Tal e como sinalou este venreso portavoz do corpo, a vítima levaba a bolsa da compra suxeita nun brazo, ao parecer coa carteira dentro, e o asaltante arrebatoulla, provocando que caese ao chan.

O home deuse á fuga, pero foi visto por unha testemuña, que achegou a súa descrición aos policías, “un testemuño que resultou fundamental para o esclarecemento dos feitos”, explicaron. Ademais, o ladrón utilizou a tarxeta de crédito da anciá e realizou catro cargos nun estanco, ata que se bloqueou. O home intentou ademais retirar diñeiro nun caixeiro automático, pero non o conseguiu. 

Con todas probas solicitadas, os investigadores ataron cabos e identificaron o autor do roubo, que conta ademais con varios antecedentes por outros feitos similares. Unha localizado, o home foi detido e trasladado aos calabozos da Rúa Chantada, onde ingresou nos calabozos á espera de pasar a disposición xudicial.