Detido en Lugo por roubar cascos de moto e vendelos nunha tenda de segunda man

O home, que conta con antecedentes, cometeu os delitos no interior de garaxes do centro e a Avenida da Coruña
Un coche de la Policía Nacional. AEP
photo_camera Un coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa propiedade, detiveron a un home de 33 anos, veciño da cidade e con antecedentes, por un delito de roubo con forza nas cousas en relación á subtracción de tres cascos de moto valorados nuns 1.700 euros.

Segundo informou a Policía Nacional, os feitos que foron denunciados nas dependencias da Policía Nacional a pasada semana, referíanse ao roubo de tres cascos de moto do interior dos baúis que os contiñan nos garaxes onde estaban estacionadas as motocicletas.

Os roubos producidos pola mesma persoa realizáronse en dous lugares diferentes da cidade; no centro e na zona da Avenida da Coruña. En ambos os casos co mesmo método, "forzando a fechadura dos cofres das motos", destacou a Policía.

Nun dos casos onde levou un casco valorado en 900 euros, xunto co intercomunicador e os danos producidos no baúl. No segundo, os cascos foron valorados en 800 euros.

En ambos os casos os artigos foron localizados nunha tenda de obxectos de segunda man, ao decatarse un dos seus propietarios de que o seu casco estaba á venda no establecemento. Deste xeito puidéronse recuperar dous dos tres cascos roubados, xa que o terceiro fora vendido online días antes.

Unha vez localizados e verificada a identidade do vendedor dos mesmos na tenda, procedeuse coas comprobacións e investigacións pertinentes que levaron á detención deste individuo, que foi posto a disposición xudicial xunto con todo o actuado.