viernes. 25.06.2021 |
El tiempo
viernes. 25.06.2021
El tiempo

Deteñen por malos tratos animais a un dos okupas do Pazo

O Pazo da Fervedoira. XESÚS PONTE
O Pazo da Fervedoira. XESÚS PONTE
Os axentes localizaron a dous cans abandonados e en moi malas condicións e un cachorro morto 

A Policía Nacional detivo por un delito de malos tratos animais a un dos okupas do Pazo da Fervedoira, en Lugo, tras localizar unha cadela e ao seu cachorro en moi mal estado e a outra cría xa falecida. 

Segundo informou o corpo, os feitos sucederon a finais da semana pasada, cando a Policía Local localizou a dous cans abandonados na zona do polígono das Gándaras. 

Logo de ser vistos polos servizos veterinarios e tras a localización dos seus propietarios, estes resultaron ser un dos okupas do Pazo da Fervedoira

A cadela que foi localizada presentaba "claros síntomas de malos tratos", apunta a Policía, ademais de estar en estado lactante, polo que "era primordial que estivese preto dos cachorros". Un deles foi localizado, tamén en mal estado preto dela. Do outro, deu información o responsable do animal, dicindo que atopábase falecido nunha zona de maleza próxima. Ademais, os animais atopados tiñan amputado o rabo, o cal esta prohibido. 

Por estes feitos foi detido como presunto autor dun delito de malos tratos animais un home nacido en Madrid, de 30 anos e ao que constan antecedentes. 

Deteñen por malos tratos animais a un dos okupas do Pazo