Detectado un brote con oito positivos na sede da Xunta en Lugo

Un cento de persoas foro citadas a un cribado para cortar canto antes as cadeas de transmisión
Sede de la Xunta en Lugo. AEP
photo_camera Sede da Xunta en Lugo. AEP

Oito traballadores da planta baixa da sede da Xunta en Lugo deron positivo en coronavirus tras aparecer un caso en Política Social e facer o Sergas un cribado.

Ante a aparición destes novos casos, vaise a realizar un novo cribado máis amplo, que afectará a todos os departamentos situados na planta baixa do edificio.

Ata agora están contaxiados sete traballadores da Consellería de Política Social e un de Amtega.

Hai un traballador do IGVS tamén positivo, pero o seu centro de traballo non está situado na sede da Xunta.