Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Deteñen un agresor sexual tras intentar violar unha muller en Lugo

Agentes de la Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO
Agentes de la Policía Nacional durante un operativo. ARCHIVO

Os feitos sucederon ao redor das dúas da madrugada no centro histórico. Un veciño escoitou os berros da vítima e acudiu a auxiliala

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron a pasada madrugada a un suposto agresor sexual cando presuntamente intentaba violar a unha muller nunha "céntrica rúa da cidade", segundo informaron a Efe fontes policiais.

Os feitos sucederon ao redor das dúas da madrugada deste venres, cando un veciño desa rúa, no centro histórico de Lugo, escoitou os berros da vítima, que pedía axuda, e baixou para auxiliala.

Ao presentarse o veciño no portal no que supostamente o detido intentaba consumar a agresión sexual, este fuxiu do lugar.

Inmediatamente, o home que acudiu a auxiliar á vítima chamou á policía, que estableceu un dispositivo de procura por todo o centro histórico e outras zonas do centro da cidade.

Grazas a ese dispositivo, o suposto agresor, un home de nacionalidade romanesa e trinta anos de idade, puido ser detido e conducido aos calabozos da Comisaría Provincial de Lugo, onde permanece detido á espera da instrución de dilixencias e do seu paso a disposición xudicial. 

O CARME. Fai un par de semanas produciuse outro intento de agresión sexual na cidade. O pasado 26 de agosto un home intentou arrastrar unha muller a un escampado do Carme. Os feitos tamén se produciron de madrugada. 

Deteñen un agresor sexual tras intentar violar unha muller en Lugo