Desaloxada unha peregrina que acampou unha noite no cemiterio de San Lázaro

A muller, de orixe alemá, foi identificada e continuou facendo o Camiño
La tienda de campaña de la peregrina alemana. EP
photo_camera La tienda de campaña de la peregrina alemana. EP

Buscaba un lugar no que montar o seu tenda de campaña para pasar a noite na capital lucense e non lle importou durmir entre lápidas, acompañada de defuntos. A muller, de orixe alemá, acampou nun cemiterio e tivo que ser desaloxada.

O inusual desafiuzamento tivo lugar na mañá do pasado sábado, cando o párroco de San Lázaro, no barrio da Ponte, chamou á Sala do 092 para solicitar a intervención da Policía Local, xa que había unha tenda de campaña instalada no medio do cemiterio parroquial, cunha persoa dentro.

Tras recibir o aviso, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu de inmediato ao lugar e comprobou que no interior da tenda había unha muller, de orixe alemá, que estaba soa. Os axentes preguntáronlle o motivo da súa estancia no camposanto —un lugar no que pouca xente desexaría pasar a noite— e a inquilina explicoulles que está a realizar o Camiño de Santiago e que parara en Lugo para para a noite e continuar a súa ruta ao amencer.

A peregrina detivo a marcha cando lle chegou a hora de descansar e non tivo reparo en instalarse no cemiterio, a pesar de que o espazo para a tenda era bastante xusto e o ambiente resultaba lúgubre. Segundo explicou o portavoz policial, finalmente, os axentes identificaron á muller e pedíronlle que abandonase o lugar, "o que fixo ao momento".