José María Arias e Patricia Otero reúnen os avais para optar á secretaría do PSOE de Lugo 

Ambos concorrerán ao proceso interno que concluirá o próximo día 27 de xullo

José María Arias y Patricia Otero. EP
photo_camera José María Arias e Patricia Otero. EP

A deputada autonómica Patricia Otero e o Alcalde de Castroverde, José María Arias, foron confirmados como candidatos á secretaria do PSOE de Lugo após reunir os avais necesarios.

Segundo informaron o PSdeG, ambos concorrerán ao proceso interno aberto coa dimisión do anterior secretario Álvaro Santos e que concluirá o próximo día 27 coa celebración do congreso provincial. 

Despois da verificación dos avais presentados por ambos os candidatos, o presidente da xestora do PSOE en Lugo, José Antonio Quiroga, destacou que o proceso se desenvolve con "normalidade" e que se "van cubrindo adecuadamente as fases establecidas no calendario".

"Após os resultados históricos do PSdeG na provincia de Lugo desde o resultado das eleccións xerais, toca aproveitar as sinerxías do momento actual e fortalecer o socialismo como causa colectiva, e iso é tarefa de todos e de todas", manifestou.

Comentarios