O presidente da Deputación, José Tomé presentou este martes, xunto a deputada Pilar García Porto, o programa Saborea a túa provincia. Esta iniciativa enmarcase no Plan de Impulso da Economía e ten como principal obxectivo "promocionar e incentivar o consumo dos produtos da nosa terra".
O proxecto levarase a cabo a través da celebración dunhas xornadas gastronómicas e lúdicas de carácter gratuíto que se estenderán ó longo de oito concellos nas fin de semanas do mes de agosto, malia que nace con vocación de continuidade porque, en palabras do presidente: "Responde ó modelo de turismo polo que apostamos para favorecer o desenvolvemento socioeconómico".
No acto de presentación, celebrado na Praza de San Marcos, levouse a cabo unha pequena demostración de como serán estas xornadas, e un autobús repartiu diversos produtos gastronómicos entre a veciñanza, que tamén puido desfrutar do ritmo musical do grupo Antártida e da actuación de maxia do Mago Rafa.
A primeira xornada iniciarase en Viveiro o vindeiro sábado repectando sempre as medidas de distancia e aforo recomendadas respecto á situación epidemiolóxica.
Para poder levarse a cabo contará con varios espazos e fases diferenciadas: un autobús- cociña para preparar os pratos, a desgustación dos mesmos, catas de produtos de Denominacións de Orixe propias, pequenas actuacións artísticas e diversas charlas, obradoiros e sorteos vinculados á razón de ser da iniciativa.
Burela: O domingo 1 de agosto farase bonito curado, crocante de curri e vinagreta da man de Bruno Pena, do restaurante Oca Playa (Foz).
Lourenzá: O sábado 7 de agosto cociñarase faba de Lourenzá IXP con espada en escabeche e clorofila de codium polo cociñeiro do Asador del Alba (San Cosme de Barreiros), Jesús Villarino.
O Valadouro: O domingo 8 de agosto elaborarase merluza de Burela e aliño de mel do Valadouro a cargo de Bruno Pena, do restaurante Oca Playa (Foz).
A Fonsagrada: O sábado 14 de agosto farase troita curada, brioche e alioli de escabeche e sopa de mel e vainilla, biscoito de limón e migas de chocolate da man de Pablo Vila Cano, do restaurante Oca (Santiago).
Guitiriz: O sábado 21 cociñarase touciño de Porco celta glaseada con pementos de Mougán e os seus crocantes da man do cociñeiro Santi Almuiña, do Mesón Colón (Nadela).
Vilalba: O domingo 22 elaborarase un canelón recheo de capón de Vilalba trufado con espuma de San Simón e flor de allo a cargo do cociñeiro de Pascuais Eventos (Parada de Outeiro de Rei) Diego López.
Láncara: O sábado 28 de agosto cociñarase galo de Mos en tres coccións con San Simón, por Santi Almuiña, do Mesón Colón (Nadela).
Monforte de Lemos: O domingo 29 de agosto farase tenreira “arábiga” con parmentier de moca e nata solla do cociñeiro Manuel Fernández, do restaurante Manuel Bistró (Monforte de Lemos).