Os deportistas demandan máis osíxeno

A OMS advirte de que os niveis de CO² aspirado por un atleta multiplícanse por vinte co uso da máscara
Karina Pasarín. SEBAS SENANDE
photo_camera Karina Pasarín. SEBAS SENANDE

Os danos colaterais da pandemia delimitan o libre albedrío unha vez máis. Esta terceira onda volverá cubrir os rostros dos lucenses que practican deporte ao aire libre, o último horizonte que restaba para os amantes do exercicio físico logo dun segundo peche dos centros deportivos.

As restricións adoptadas pola Xunta de Galicia obrigan a partir deste mércores ao uso de máscara á hora de correr ou montar en bicicleta e sempre en solitario. Unha norma que fixo que as voces dos seus practicantes álcense.

Moitos corredores populares non entenden como unha actividade ao aire libre, e en solitario, pode levantar a curva de contaxios. Javo Vázquez, corredor popular de maratóns, emprega a máscara para adestrar desde o fin do confinamento domiciliario. "Diminúe moito a túa capacidade pulmonar e o corpo debe facer un sobre esforzo", explica. _49I4162

Os efectos negativos do uso de máscaras nas prácticas de alta actividade na saúde están documentados por institucións tan relevantes como a Organización Mundial da Saúde (OMS), quen advirte dos perigos dunha falta de osíxeno adecuada no ser humano ao realizar un esforzo de alta intensidade.

"Non é conveniente usala porque dificultáseche a respiración e tes que tirar máis de pulmón, pero é verdade que é unha norma que está imposta para todos e hai que cumprila", comenta sosegadamente Javo Vázquez.

CEFALEA. A tamén atleta afeccionada Karina Pasarín alerta sobre o seu uso en actividades onde se precisa unha alta dispoñibilidade de osíxeno, xa que "se o adestramento dun día concreto é máis esixente chegoume a provocar ata cefalea", comenta esta profesional sanitaria, que polo seu traballo como enfermeira no servizo de Urxencias do Hula recoñece a importancia do seu emprego no día a día.

Así as cousas, a incidencia da máscara faise máis severa na longa distancia. "Cando o adestro é de 20 ou 25 quilómetros, chega un momento no que non respiras igual", explica Karina, quen utiliza sempre o modelo cirúrxico aínda que "todos sabemos que unha vez que se humedece non fai efecto. Recomendan o seu cambio ás 4 horas, e se estás en carreira soltas aínda máis partículas", recoñece.

Algúns estudos médicos aseguran que un exercicio de maior intensidade que camiñar diminúe a dispoñibilidade de osíxeno nun 4% de media e aumenta os niveis de CO² aspirado por vinte. Así as cousas, Javo Vázquez, aposta por outros métodos que, segundo o seu criterio, poden resultar máis beneficiosos para contrarrestar a expansión da pandemia.

"As medidas terían que incidir máis na separación interpersoal e en manter libre de aerosois os espazos pechados que en obrigar a practicar deporte en solitario e ao aire libre con máscara", comenta o corredor. Carlos Villamor é un exatleta profesional que mantén a súa paixón polo deporte. Asegura que "se atendemos aos datos de contaxio, pode comprobarse que a maioría deles prodúcense no ámbito familiar, en espazos pechados e mal ventilados", di.

Villamor utiliza unha máscara cirúrxica para os seus adestramentos. "Sempre a levo cando saio a correr, porque é unha cuestión de respecto cara ás demais persoas. Ao chegar a zonas menos transitadas a baixo ata o queixo, se non hai ninguén cerca", precisa.

Comentarios