Denuncian que un xulgado de Lugo se negou a notificar unha sentenza en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística alega que incumpriu a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Juzgados de Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Xulgados de Lugo. XESÚS PONTE

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que o xulgado do Penal Número 2 de Lugo negouse a notificar unha sentenza en galego, de modo que incumpriu a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, motivo polo cal esta entidade se dirixirá ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que lle recorde "que está obrigado a cumprir os compromisos" asumidos polo Estado.

Segundo informou A Mesa, a persoa afectada solicitou ata en dúas ocasións recibir en galego unha sentenza relacionada coa denuncia a un piquete informativo na folga xeral de 2010.

Con todo, o xulgado negouse a realizar a notificación da sentenza en galego ao amparo do "artigo 231 da Lei Orgánica do Poder Xudicial –LOPX–", afirma este colectivo, pero "ignorando o artigo 9 da Carta Europea das Linguas que, como tratado internacional ratificado polo Estado Español, ten un rango superior á propia LOPX".

Comentarios