Denuncian o mal estado no que se atopan as beirarrúas da Rolda do Carme

As asociacións de veciños de Lucus Augusti alerta á concellería de Vías e Obras para que actúe de modo urxente na reparación das zonas máis afectadas
Estado en el que se encuentra una de las aceras de la Ronda do Carme.EP
photo_camera Estado no que se atopa unha das beirarrúas da Rolda do Carme.EP

A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti remitiu aos medios unha nota de prensa na que denuncia a deterioración das beirarrúas da Rolda do Carme de Lugo.

A asociación destaca que é especialmente preocupante a marxe dereita do seu tramo final cara a Fonte dos Ranchos, o que supón "un importante risco" para os viandantes que a transitan.

Por iso, desde a Federación de Asociacións de Veciños soliciata á concellería de Vías e Obras que arranxe con prioridade urxente os tramos máis deteriorados, así como as numerosas fochancas que "constitúen unha imaxe moi negativa e de deixadez", ademais dun obstáculo para persoas de avanzada idade ou con dificultades de mobilidade.