sábado. 15.05.2021 |
El tiempo
sábado. 15.05.2021
El tiempo

Denuncian o mal estado no que se atopan as beirarrúas da Rolda do Carme

Estado en el que se encuentra una de las aceras de la Ronda do Carme.EP
Estado no que se atopa unha das beirarrúas da Rolda do Carme.EP
As asociacións de veciños de Lucus Augusti alerta á concellería de Vías e Obras para que actúe de modo urxente na reparación das zonas máis afectadas

A Federación de Asociacións de Veciños Lucus Augusti remitiu aos medios unha nota de prensa na que denuncia a deterioración das beirarrúas da Rolda do Carme de Lugo.

A asociación destaca que é especialmente preocupante a marxe dereita do seu tramo final cara a Fonte dos Ranchos, o que supón "un importante risco" para os viandantes que a transitan.

Por iso, desde a Federación de Asociacións de Veciños soliciata á concellería de Vías e Obras que arranxe con prioridade urxente os tramos máis deteriorados, así como as numerosas fochancas que "constitúen unha imaxe moi negativa e de deixadez", ademais dun obstáculo para persoas de avanzada idade ou con dificultades de mobilidade.

Denuncian o mal estado no que se atopan as beirarrúas da Rolda do...