Denuncian a falta de medidas de hixiene en aparcadoiros do centro de Lugo

Coches aparcados en un párking. ARCHIVO
photo_camera Coches aparcados nun aparcadoiro. ARQUIVO

Os aparcadoiros públicos do centro de Lugo non ofrecen medidas de hixiene e protección ante o coronavirus, como hidroxeles para que os usuarios poidan desinfectar as mans tras facer o pago nas máquinas. 

A situación foi denunciada por usuarios e un deles incluso esixiu este mércores as follas de reclamación tras ver como no aparcadoiro de Santo Domingo eran desatendidas as súas demandas dunha medida básica de hixiene como a existencia de subministradores de xel hidroalcohólico. 

Moitos dos usuarios pagan nos aparcadoiros con diñeiro en metálico e teñen que recoller despois as moedas do cambio, tocando para iso o diñeiro e a propia máquina, o que pode supoñer unha situación de risco, advertía o usuario que reclamou as follas de reclamación. Lamentou que tivo que chamar á Policía para que a empresa accedese a facilitarlle a reclamación.

Comentarios