viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

Denunciado en Lugo por levar a máscara no cóbado

Unha patrulla de axentes polo centro de Lugo. XESÚS Ponche (AEP)
Unha patrulla de axentes polo centro de Lugo. XESÚS Ponche (AEP)
Outro home que non a levaba posta insultou aos axentes e tamén foi denunciado

A Policía Local de Lugo denunciou a pasada fin de semana a dous homes por non usar máscara cando transitaban pola vía pública, un deles levábaa colgada no cóbado e o outro, ademais de non levar ningunha encima, faltou ao respecto aos axentes. 

Así o informou a Policía Local, que relatou que sobre as 9.45 horas do 31 de xullo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observou a un individuo de 32 anos que camiñaba pola Avenida Adolfo Suárez "sen facer uso da máscara obrigatoria", que portaba "colgada do cóbado". 

Por iso, foi denunciado por infracción da Lei de Saúde de Galicia, para o que foi trasladado a dependencias policiais para a súa identificación, xa que se atopaba indocumentado. 

Ademais, ás 19.45 horas do pasado 1 de agosto, durante un operativo para comprobar o cumprimento das medidas impostas pola Covid-19, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo observou a un home que transitaba pola rúa Bispo Basulto "sen facer uso da máscara obrigatoria", que tampouco portaba encima, motivo polo que foi denunciado. 

Este mesmo individuo foi denunciado por infracción á Lei de Seguridade Cidadá xa que, durante a intervención dos axentes, "proferiu frases e expresións que faltaban ao respecto dos mesmos", puntualizaron as mesmas fontes.

Denunciado en Lugo por levar a máscara no cóbado
comentarios