Denunciados 11 condutores por superar o límite de velocidade en vías de Lugo

Tamén se detectou un vehículo sobre o que pesaba unha orde de procura e captura por embargo

A Policía Local de Lugo denunciou a 11 condutores por exceder o límite de velocidade en vías da cidade. A velocidade máis elevada detectada foi de 87 quilómetros por hora nun tramo de 50 km/h. 

Segundo informou a Policía Local, en controis realizados durante o 4 de xuño cun vehículo dotado de cinemómetro, os axentes formularon 11 denuncias a condutores por superar o límite de velocidade en vías de 30 e 50 quilómetros por hora. 

Ademais nestes controis a Policía Local detectou un vehículo sobre o que pesaba unha orde de procura e captura por embargo, que foi trasladado ao depósito municipal por un guindastre, onde quedou precintado. 

Tamén efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo tramitaron cinco actas de infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá ao detectar cinco ocupantes de vehículos que viaxaban, destacaron as mesmas fontes, "sen utilizar a máscara de protección" pesar de ser "persoas non convivientes", a pesar de ser obrigatorio debido á crise sanitaria.

Comentarios