Denunciado un repartidor por conducir sen carné e o dono do vehículo como cooperador necesario

Foi sorprendido na rúa Milagrosa de Lugo
El accidente tuvo lugar en la Rúa Milagrosa. AEP
photo_camera Rúa Milagrosa. AEP

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un repartidor de comida a domicilio por conducir sen ter carné, así como ao dono do vehículo por cooperador necesario.

Segundo informou a Policía Local, no marco de dispositivos de seguridade ás 23.30 horas do pasado sábado 17 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno deu o alto na rúa Milagrosa de Lugo a un repartidor de comida a domicilio e comprobou que carecía de permiso de condución por non habelo obtido nunca.

Por iso, foron instruídas dilixencias como autor dun delito contra a seguridade viaria en calidade de investigado, na modalidade de xuízo rápido, indicaron as mesmas fontes policiais.

Así mesmo, instruíronse dilixencias contra o propietario do vehículo como cooperador necesario e foi citado tamén como investigado para xuízo rápido.