Denunciado o dono dun local de lecer nocturno de Lugo por "violentar" o precinto policial

O negocio, na Rúa Catedral, fora clausurado polas deficiencias detectadas durante unha inspección
Uno de los locales denunciados está en la Rúa Catedral. AEP
photo_camera O local precintado está na Rúa Catedral. AEP

A Policía Local de Lugo denunciou o propietario dun establecemento de lecer nocturno da cidade por unha "infracción moi grave" da normativa que regula o funcionamento deste tipo de locais, por "violentar" os precintos que colocaran axentes deste corpo para garantir a clausura do negocio por mor das deficiencias detectadas durante unha inspección.

Segundo a información facilitada pola Policía Local, foi este luns pola mañá cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio que prestaba servizo no centro histórico detectou actividade nun local que fora precintado en días previos na Rúa Catedral.

Os axentes viron que o establecemento tiña as portas abertas e había xente no seu interior facendo diversos traballos. Para iso, foran "violentados" os precintos colocados en días pasados pola propia Policía Local, sen "ningún tipo de autorización" para iso.

Identificado o responsable, foi cursada a pertinente denuncia e os axentes precintaron de novo o establecemento.