Denunciado un individuo reincidente por ouriñar contra a muralla

Xa fora denunciado polos mesmos feitos en días anteriores
Muralla de Lugo. EP
photo_camera Muralla de Lugo. EP

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron esta pasado fin de semana a un individuo reincidente por ouriñar contra a muralla romana.

Segundo informou a Policía Local, ás 00.00 horas do pasado sábado un individuo foi denunciado por ouriñar na vía pública, tras ser sorprendido por axentes cando o facía contra o monumento romano. 

As mesmas fontes municipais destacan que este individuo xa fora denunciado polos mesmos feitos en días anteriores.